En 1978 ponse en marcha a iniciativa de crear un Instituto de Estudios Vigueses baixo patrocinio municipal da man de Andrés Martínez-Morás y Soria.

Co inicio do ano 1978 Andrés Martínez-Morás y Soria, presidente do Colexio Oficial de Titulados Mercantiles, suxírelle por escrito ó Concello de Vigo a necesidade de crear un Instituto de Estudios Vigueses baixo patrocinio municipal, iniciativa á que ó pouco sumáronse diversos profesionais e estudiosos locais.

Tras un longo proceso de estudio desta idea, o 13 de maio de 1991, durante o mandato do alcalde D. Manuel Soto Ferreiro, celébrase na Casa das Artes o acto de nomeamento oficial dos Membros Fundadores do Instituto de Estudios Vigueses.

O 25 de outubro de 1993 constitúese a primeira Xunta de Goberno que preside Andrés Martínez-Morás y Soria e, o 12 de maio de 1994, preséntase publicamente o Instituto.

O segundo director do IEV, dende xaneiro de 2002 foi Gerardo Sacau Rodríguez, seguido no cargo a partir de outubro de 2009 por José Antonio Martín Curty; dende novembro de 2011 está a exercer este cargo Xoán Carlos Abad Gallego.