CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE Instituto de Estudios Vigueses www.ievigueses.com

Fotos da páxina principal:

Lin Pernille Photography, mcertou, Tomás Rodríguez Ontiveros, sleepyneko, limaoscarjuliet, juantiagues, Miguel Navaza, Certo Xornal, athena, Ignorant Walking

 

Nota legal:

Instituto de Estudios Vigueses (EN DIANTE O PROPIETARIO) con domicilio para os efectos de notificacións en Rúa Cánovas del Castillo 2-2º 36202 Vigo, PONTEVEDRA, pon a disposición no seu sitio web ievigueses.com determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades. As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web do PROPIETARIO por parte dos USUARIOS que accedan a este. As presentes condicións xerais expóñenselle ao USUARIO no sitio web ievigueses.com en todas e cada unha das páxinas, para que as lea, as imprima, arquive e acepte a través de internet e se encontre plenamente informado.

O acceso ao sitio web do PROPIETARIO implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese non a utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen neste para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA. - CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

1.1.- A utilización do sitio web do PROPIETARIO, non leva consigo a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente O PROPIETARIO prohibe os seguintes:

1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través deste por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas do PROPIETARIO ou a terceiros.

1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes co fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").

1.2.- O PROPIETARIO, poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou ás presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS:

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

2.1.- O PROPIETARIO utilizando fontes internas e externas de modo que O PROPIETARIO unicamente se fai responsable polos contidos elaborados de forma interna.

2.2.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web. O PROPIETARIO non asegura nin se responsabiliza do correcto funcionamento dos enlaces a sitios web de terceiros que figuren en ievigueses.com. Ademais a través do sitio web do PROPIETARIO póñense a disposición do usuario servizos gratuítos e de pagamento ofrecidos por terceiros alleos e que se rexerán polas condicións particulares de cada un deles. O PROPIETARIO non garante a veracidade, exactitude ou actualidade dos contidos e servizos ofrecidos por terceiros e queda expresamente exento de todo tipo de responsabilidade polos danos e prexuízos que poidan derivarse da falta de exactitude destes contidos e servizos.

TERCEIRA.- RESPONSABILIDADE

3.1.- O PROPIETARIO en ningún caso será responsable de:

3.1.1.- Os fallos e incidencias que puidesen producirse nas comunicacións, borrado ou transmisións incompletas de maneira que non se garante que os servizos do sitio web estean constantemente operativos.

3.1.2.- Da produción de calquera tipo de dano que os USUARIOS ou terceiros puidesen ocasionar no sitio web.

3.1.3.- Da fiabilidade e veracidade das informacións introducidas por terceiros no sitio web, ben directamente, ben a través de enlaces ou links. Así mesmo, Instituto de Estudios Vigueses colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

3.2.- O PROPIETARIO resérvase o dereito a suspender o acceso sen previo aviso de forma discrecional e con carácter definitivo ou temporal ata o aseguramento da efectiva responsabilidade dos danos que puidesen producirse. Así mesmo, O PROPIETARIO colaborará e notificará á autoridade competente estas incidencias no momento en que teña coñecemento fidedigno de que os danos ocasionados constitúan calquera tipo de actividade ilícita.

CUARTA. - DEREITOS DE AUTOR E MARCA

O sitio web do PROPIETARIO - os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- encóntrase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso do PROPIETARIO. Os materiais tanto gráficos como escritos enviados polos usuarios a través dos medios que se poñen á súa disposición no sitio web son propiedade do usuario que afirma ao envialos a súa lexítima autoría e cede os dereitos de reprodución e distribución ao PROPIETARIO.

QUINTA. - XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Vigo renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

SEXTA.-

En caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. O PROPIETARIO poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia a estes salvo recoñecemento expreso por parte DO PROPIETARIO.