En 1978 ponse en marcha a iniciativa de crear un Instituto de Estudios Vigueses baixo patrocinio municipal da man de Andrés Martínez-Morás y Soria.
Co inicio do ano 1978 Andrés Martínez-Morás y Soria, presidente do Colexio Oficial de Titulados Mercantiles, suxírelle por escrito ó Concello de Vigo a necesidade de crear un Instituto de Estudios Vigueses baixo patrocinio municipal, iniciativa á que ó pouco sumáronse diversos profesionais e estudiosos locais, Gerardo González Martín, José Mª Álvarez Blázquez e Lalo Vázquez Gil.
Tras un longo proceso de estudio desta idea, o 13 de maio de 1991, durante o mandato do alcalde D. Manuel Soto Ferreiro, celébrase na Casa das Artes o acto de nomeamento oficial dos Membros Fundadores do Instituto de Estudios Vigueses: Andrés Martínez-Morás y Soria, Alberto González Alegre, Antonio Giráldez Lomba, Lalo Vázquez Gil, Gerardo González Martín, Eugenio Rodríguez Puentes, Fernando J. Costas Goberna, Gerardo Sacau Rodríguez, Hipólito de Saa Bravo, Jaime Garrido Rodríguez, Jesús Giráldez Rivero, José Antonio Martín Curty, J. Francisco Armesto Faginas, José Manuel Hidalgo Cuñarro, Xosé Manuel Souto González, Xoán Carlos Abad Gallego, Juan Miguel González Fernández, Manuel de la Fuente e Manuel Lago Martínez.
O 25 de outubro de 1993 constitúese a primeira Xunta de Goberno que preside Andrés Martínez-Morás y Soria e, o 12 de maio de 1994, preséntase publicamente o Instituto.
O segundo presidente do IEV, dende xaneiro de 2002 foi Gerardo Sacau Rodríguez, seguido no cargo a partir de outubro de 2009 por José Antonio Martín Curty; dende novembro de 2011 ata decembro de 2025 exerceu o cargo Xoán Carlos Abad Gallego. Desde decembro de 2025 a presidenta do IEV é Mercedes Bangueses Vázquez, sendo a primeira muller en ocupar este cargo.
Durante a vida do IEV, un dos aspectos máis complexos de resolver foi o de atopar un local para poder desenvolver as múltiples actividades organizadas polo IEV. Desde 2011, un local de propiedade municipal, localizado na rúa Cánovas del Castillo 2, 2º-3º andar, é a sede que con esmero coidan os membros do Instituto de Estudios Vigueses.