Saltar ao contido
  • Inicio
  • Quen somos
    • Historia
    • Organigrama
    • Sede
  • Actividade
    • Novas
    • Axenda
  • Biblioteca
    • Catálogo
    • Boletín Glaucopis
    • Publicacións
    • Artigos de prensa
    • Fondos bibliográficos
  • Colaboracións
    • Intercambio de publicacións
    • Outros centros locais
  • Contacta
Instituto de Estudios Vigueses
  • Inicio
  • Quen somos
    • Historia
    • Organigrama
    • Sede
  • Actividade
    • Novas
    • Axenda
  • Biblioteca
    • Catálogo
    • Boletín Glaucopis
    • Publicacións
    • Artigos de prensa
    • Fondos bibliográficos
  • Colaboracións
    • Intercambio de publicacións
    • Outros centros locais
  • Contacta

Quen somos

O labor do seus membros numerarios e colaboradores céntrase en diversos ámbitos ligados á cidade de Vigo e a súa bisbarra, dende a recuperación da memoria histórica ata temas que afecten na actualidade á cidade.

O Instituto de Estudios Vigueses está encadrado na Coordinadora Española de Centros de Estudios Locales (CECEL) que mantén vínculos e proxectos co Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

Dende o seu alborecer, os membros da institución afrontaron o reto de poñer á disposición da cidadanía un completo abano de estudios rigorosos, resultado dun altruísta labor de investigación ao que se sumaron un importante número de colaboradores que, tamén de forma totalmente desinteresada, ceden os seus estudios e investigacións nos diversos campos do saber.

A súa actividade está centrada en dous eixos:

Publicacións. Como resultado desta tarefa, o Instituto de Estudios Vigueses converteuse na institución que ten editado o maior número de libros, monografías, artigos, etc. sobre a cidade de Vigo e da súa contorna.

Actividades divulgativas. 
A máis deste destacado corpus editorial, o Instituto desenvolveu toda unha morea de actividades culturais ao longo destes anos de presenza activa nos foros da cidade: conferencias, debates, mesas redondas, charlas didácticas, exposicións, etc. tanto pola propia conta como en colaboración con outras entidades.

O IEV fornécese, así mesmo, das valiosas colaboracións, consultas e doazóns de vigueses e viguesas de cuxa amizade sentímonos especialmente gabados.

Áreas de estudio. 
As distintas materias obxecto de estudio estrutúranse nas seguintes seccións: Xeografía e Historia. Arqueoloxía e Etnoloxía. Toponimia, Filoloxía e Literatura. Arte. Arquitectura e Urbanismo. Economía. Filatelia. Numismática e Diplomática. Ciencias Xurídicas e Sociais. Ciencias Físico-Naturais. Turismo e Deporte.

© 2026 Instituto de Estudios Vigueses. Created for free using WordPress and Colibri

Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o seu uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non necesarias ou configurar as túas preferencias. Política de cookies

Configure cookies

Necesarias para que o sitio web funcione correctamente. Non se poden desactivar desde este panel.

Axudan a medir o uso do sitio web e a mellorar os seus contidos.

Permiten publicidade, medición de campañas ou personalización de anuncios.

Gardan preferencias ou permiten contido externo non necesario.