Categories:

CRUZ ROJA, UN SIGLO EN LA HISTORIA DE VIGO

Autor: De la Peña Santos, Paz
Edición: Vigo
Data: 2001
ISBN/ISSN: 84-89599-19-X
Páxinas: 182


O 30 de xuño de 1897 fórmase en Vigo a primeira Comisión da Cruz Vermella. Esta obra recolle un século de vida desta Institución, facéndonos testemuñas dos seus comezos; do seu protagonismo nos dramáticos días da repatriación dos soldados vencidos nas guerras de Ultramar; da súa presencia nos sinistros locais; vivindo con ela os cambios políticos, a formación das súas enfermeiras, a evolución da súa ambulancia, o nacemento do seu hospital, os avances do papel da muller… ata chegar aos nosos días, onde atopamos unha Cruz Vermella adaptada ás novas demandas dunha sociedade en cambio, dedicada á atención das emerxencias e, de xeito especial, aos grupos máis desfavorecidos. Tempos de gloria e tempos de amargura para unha Cruz Vermella cuxa historia é, á súa vez, parte da historia desta cidade.

Comments are closed