Categories:

Álbum fotográfico. Vigo, 1936

Autor: Abad Gallego, Xoán Carlos
Edición: Vigo
Data: 2026
ISBN/ISSN: 978-84-19066-26-8
Páxinas: 199


Este traballo xorde do poder evocador das imaxes fotográficas como “cápsulas do tempo”, capaces de transformar o relato histórico nunha experiencia moito máis tanxible e directa. A través do excepcional achado dun álbum fotográfico inédito, datado en Vigo durante o ano 1936, a investigación transcende os nomes e as datas para poder ofrecer unha conexión directa coa vida cotiá dunha cidade en conflito. Mentres os documentos escritos e a tradición oral teñen asentado as bases da nosa historia, estas fotografías inéditas permiten encher os baleiros visuais do noso imaxinario colectivo.

Comments are closed