VÍA VIGO. EL CABLE INGLÉS - EL CABLE ALEMÁN
Cabanelas, José Ramón
Edición
Vigo
Fecha
2013
ISBN/ISSN
978-84-89599-53-6
Páxinas
185
Este libro aborda a historia do Cable Inglés e do Cable Alemán, empresas dedicadas a telegrafía submariña que tiveron presenza moi destacada na nosa cidade, dende o ano1873, a primeira, e dende o 1896 a segunda. Trata, tamén, duns momentos que converteron a Vigo en referente no mundo das telecomunicacións internacionais; aborda tanto o punto de vista tecnolóxico (a telegrafía terrestre e a submariña) como o social, pois ambas as dúas compañías mantiveron na cidade un elevado número de empregados. O libro está ilustrado con mais de 150 fotografías onde se recollen diferentes acontecementos históricos, moitos deles inéditos fotográficamente, e descubre a importantes persoas que ata este intre permanecían no anonimato. Ainda que esta actividade telegráfica rematou no ano1969, a obra aborda tamén os tempos nos que Vigo chegou a ser unha das tres bases europeas atlánticas de cables submariños, actividade que se mantuvo dende o ano 1970 ata o ano 2002