TEODOSIO VESTEIRO TORRES, Aproximación á súa vida e á súa obra

TEODOSIO VESTEIRO TORRES, Aproximación á súa vida e á súa obra

Álvarez de la Granja, María

Edición
Vigo
Fecha
1998
ISBN/ISSN
84-89599-06-8
Páxinas
121
Teodosio Vesteiro Torres (Vigo, 1848 - Madrid, 1876) é unha atractiva figura do Rexurdimento galego, no que participou activamente a través do seu traballo en diversos eidos da cultura. Con este libro podémonos acercar tanto á súa versátil obra (literaria, histórica, musical...), como á súa vida, breve pero chea de interese e de paixón (a creación da sociedade "Galicia Literaria", que reunía ós intelectuais galegos residentes en Madrid; a súa "insoportable existencia", que o conduciría ó suicidio no Paseo del Prado de Madrid ós 28 anos de idade; a polémica suscitada a raíz da súa morte con motivo da elaboración dunha coroa fúnebre...). O libro ofrece tamén unha presentación dos dous facsímiles de Vesteiro cos que se publica conxuntamente Monografías de Vigo e Recuerdos de Galicia.