LA ANEXIÓN DEL AYUNTAMIENTO DE BOUZAS A VIGO (1900-1904)
González Fernández, Juan Miguel
Edición
Vigo
Fecha
2003
ISBN/ISSN
84-89599-25-4
Páxinas
79
Pretende ser a aportación do Instituto de Estudios Vigueses á efeméride
do centenario da anexión do Concello de Bouzas polo de Vigo. Tema aínda
sensible, busca dar unha visión imparcial do proceso anexionista.
Déixase notar a falta de documentación que impide unha visión completa e
descubrir o conxunto das súas claves polo miúdo. Lonxe de
personalismos, os protagonistas son as circunstancias económicas, os
intereses políticos, etc. que a varias bandas actúan en dirección á
fusión concellil. Consta dunha presentación de como era o concello de
Bouzas a comezos do século XX, para entrar de seguido na súa evolución
político-administrativa, abordando logo os acontecementos que se
sucederon ata culminar coa anexión, e remata cun achegamento ás causas
que explican o auténtico porque deste feito histórico que ten
repercusión ata os nosos días.