"DISERTACIÓN POLÍTICO-LEGAL" (1788) Opúsculo inédito del jurista ilustrado D. Manuel Martínez Yáñez

"DISERTACIÓN POLÍTICO-LEGAL" (1788) Opúsculo inédito del jurista ilustrado D. Manuel Martínez Yáñez

González Fernández, Juan Miguel

Edición
Vigo
Fecha
1995
ISBN/ISSN
84-606-2351-3
Páxinas
94
Transcrición íntegra dun manuscrito do ano 1788 que se garda no Arquivo Municipal de Vigo, xunto con outra documentación relativa ó seu autor, o letrado de orixe viguesa pero afincado durante a súa madurez no Baixo Miño, D. Manuel Martínez Yáñez. No contido deste texto deixase albiscar con claridade a influencia da Ilustración en clave reformista e pragmática. Dada a formación do autor, o discurso xirará ó redor da materia que mellor domina: o dereito. Contén un estudio preliminar no que se trazan os riscos biográficos do autor e se analiza o contido da obra -todo ela sen publicar-, con particular incidencia neste o seu único traballo de pensamento. En fin, descubre un ilustrado galego ata o de agora esquecido e o seu universo ideolóxico. O prólogo débese ó profesor X.R. Barreiro Fernández, historiador e presidente da Real Academia Galega.