CRÓNICAS DE UN VIGO YE-YÉ. Historia de los conjuntos músico-vocales vigueses y de su entorno, 1958-1975
Ferreira Priegue, Fernando
Edición
Vigo
Fecha
2008
ISBN/ISSN
978-84-89599-40-6
Páxinas
574
Os grupos musicais que
nacen e se desenvolven en Vigo e Comarca, os centros da "movida" da
época e os personaxes de entón, convertidos hoxe moitos deles en
coñecidos profesionais de diversas actividades, son o corazón histórico
deste libro no que se abranguen os nomes e historias de caseque un cento
de conxuntos que fixeron da nosa cidade o seu lugar de creación e
actividade musical. É esta unha obra chamada a se converter no
referente de toda unha época e unha xeración que ata o momento non
estaba recollida na nosa historia local.Como di Manuel Orío no seu Prefacio, o sacrificado esforzo do autor dedicado a este libro fai que "os que seguimos aquí tomémolo como o noso gurú e profeta. E os
que foron quedando polo camiño teñen nesta peza de arquivo única, o seu
mellor refrendo e a súa homenaxe máis cálida e emocionada".