Bajo un blanco sudario. Pontevedreses en la División Azul
Abad Gallego, Xoán Carlos
Edición
Vigo
Fecha
2025
ISBN/ISSN
978-84-19066-14-5
Páxinas
510
Coas feridas da recente Guerra Civil aínda sen cicatrizar, ao toque do clarín de guerra, en xullo de 1941, varios centos de veciños da nosa provincia alistáronse para combater en Rusia, formando parte da “División Azul” ao carón das tropas de Hitler. Co presunto propósito de vingarse de vellas maldades provocadas polo comunismo internacional, algúns buscaban defender os seus principios ideolóxicos, outros alistáronse para prosperar profesionalmente, algúns máis para agochar antecedentes pouco afíns ao novo estado de cousas, outros por afán de vivir una gran aventura, e a maioría por intereses meramente económicos... Así, moitos pontevedreses, en boa parte moi novos, alistáronse coa esperanza de un regreso triunfal e rápido, dirixíndose de inmediato ás proximidades da fronte establecida arredor da cidade de Leningrado. Porén, esa vitoria nunca chegou; moitos perderon a vida, outros tantos regresaron coa saúde moi deteriorada, cando non cunha profunda desilusión cara ao réxime que os enviara, e case que todos viron tronzado o seu futuro de vida.