CENTENARIO PACEWICZ. VIGO 1921-2021

27/02/2020

O dous de febreiro de 1921 falecía en Vigo o arquitecto franco-polaco Michel Pacewicz, o creador da gran maioría dos edificios que marcan a pegada do Vigo ecléctico co selo parisiense que, máis dun século despois, segue sendo o emblema da imaxe arquitectónica da cidade. É a proximidade ao centenario do seu falecemento o momento axeitado para que o Instituto de Estudos Vigueses nos lembre -a través de diversas actuacións culturais a desenvolver ao longo deste ano- a figura deste gran arquitecto.