Presentación dos libros Breve historia da cidade de Vigo/Breve historia de la ciudad de Vigo

14/10/2021

O próximo día 19 de outubro, ás 20.00 horas, no Auditorio Municipal vigués (praza do Rei s/n) serán presentados os libros Breve historia da cidade de Vigo e Breve historia de la ciudad de Vigo de autoría colectiva coordinada por Juan Miguel González Fernández

Presentación libro “ORIGEN Y TRAYECTORIA DEL LABORATORIO MUNICIPAL DE VIGO. Una institución centenaria”

14/10/2021

O día 14 de outubro de 2021, no salón de actos do Colexio Oficial de Médicos da provincia de Pontevedra presentouse o libro “ORIGEN Y TRAYECTORIA DEL LABORATORIO MUNICIPAL DE VIGO. Una institución centenaria” da autoría de Fernando Domínguez Freire.

CENTENARIO PACEWICZ. VIGO 1921-2021

27/02/2020

O dous de febreiro de 1921 falecía en Vigo o arquitecto franco-polaco Michel Pacewicz, o creador da gran maioría dos edificios que marcan a pegada do Vigo ecléctico co selo parisiense que, máis dun século despois, segue sendo o emblema da imaxe arquitectónica da cidade. É a proximidade ao centenario do seu falecemento o momento axeitado para que o Instituto de Estudos Vigueses nos lembre -a través de diversas actuacións culturais a desenvolver ao longo deste ano- a figura deste gran arquitecto.

CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN CO COLEGIO DE ECONOMISTAS DE PONTEVEDRA

27/02/2020

O pasado día 26 de febreiro na nosa sede da rúa Cánovas del Castillo asinouse este convenio de colaboración, por parte do Colegio de Economistas de Pontevedra, o Decano-Presidente Carlos Mantilla Rodríguez e por parte do noso Instituto de Estudios Vigueses, o Presidente Xoán Carlos Abad Gallego. O noso Instituto pon ao dispor dos membros do Colegio de Economistas de Pontevedra e familiares directos a consulta dos fondos bibliográficos que esta institución alberga e a invitación á asistencia aos actos de divulgación que realiza, así como un desconto na adquisición de todas as súas publicacións. Pola súa banda o Colegio de Economistas comprométese a difundir entre os seus (...)