VIGO GRESÍTICO Un paseo pola arquitectura viguesa dos anos sesenta do século XX

VIGO GRESÍTICO Un paseo pola arquitectura viguesa dos anos sesenta do século XX

Alonso Fernández, Antonio

Edición
Vigo
Fecha
2024
ISBN/ISSN
978-84-19066-12-1
Páxinas
145
Este libro fala sobre unha cidade de Vigo descoñecida, invisible e a piques de desaparecer. Trátase da cidade xurdida nos anos do grande crecemento demográfico e inmobiliario da metade do século XX, cunha arquitectura comercial urbana que amosa unha imaxe, no exterior, achegada por un modesto material de revestimento de fachada colorista, controvertido e sorprendente: o gresite; un material inicialmente pensado para revestir piscinas, e que neses anos saíu á superficie dos edificios para achegar unha imaxe de “modernidade”. O autor proponnos un paseo por esta cidade para descubrir e identificar edificios “gresíticos”, que aínda subsisten, pero que pronto quedarán ocultos por outras capas da historia.