SOBREVIVIR EN LOS AÑOS DEL HAMBRE EN VIGO

SOBREVIVIR EN LOS AÑOS DEL HAMBRE EN VIGO

Giráldez Lomba, Antonio

Edición
Vigo
Fecha
2002
ISBN/ISSN
84-89599-23-8
Páxinas
438
O 14 de maio de 1939 o goberno do xeneral Franco implantaba a cartilla de racionamento, un documento que abranguería a toda a poboación e que daría dereito a recibir unha serie de productos racionados proporcionados semanalmente (ou diariamente, no caso do pan) pola chamada “Comisaría de Abastos”. Da man de documentos impresos, dietarios persoais, prensa e entrevistas a moitas testemuñas dos difíciles anos da posguerra, o autor do libro fai un repaso das tendas onde os vigueses daquela tiñan que facerse coas racións; os almacéns onde os tendeiros ían recoller o que lles correspondía polo número de racionados que tiñan inscritos nas súas tendas; o que moitas familias inventaban para comer, para se vestir, para sobrevivir; os procedementos e lugares do “estraperlo”. Analízanse, en fin, os pormenores dunha economía marcada pola precariedade e o estraperlo que durou trece anos, un mes e un día.