PERIODISTAS, IMPULSORES DEL VIGUISMO. 1874-1923: El “noventa y ocho” y otros hitos locales.

PERIODISTAS, IMPULSORES DEL VIGUISMO. 1874-1923: El “noventa y ocho” y otros hitos locales.

González Martín, Gerardo

Edición
Vigo
Fecha
1996
ISBN/ISSN
84-89599-03-3
Páxinas
358
Ó abordar un período no que non se tiña acadado a profesionalización dos xornalistas, o libro aproxímase a uns personaxes -centos e centos deles- que por uns ou outros motivos tiveron moito que ver co desenvolvemento de Vigo, máis alá da súa actividade xornalística. Para facer isto o autor conta primeiro a historia dalgúns fitos do xornalismo local e a implicación dos seus máis destacados colaboradores en acontecementos vigueses significativos, o máis singular a recepción aos repatriados de Cuba, feito no que se afanou toda a cidade. Naquela xesta colectiva, e no pulo que recibiría a Cruz Vermella na época, tiveron moito que ver innumerables xornalistas. O libro péchase cun cento de páxinas que González Martín titula “Censo de xornalistas vigueses da Restauración”. Abrangue máis de duascentas pequenas biografías de personaxes interesantes vinculados a Vigo, cuxo interese vai moito máis alá do feito de ser xornalistas.