OS NOMES DA RÍA DE VIGO - III - Oitavén-Verdugo.O Facho de Donón
Sacau Rodríguez, Gerardo
Edición
Vigo
Fecha
2004
ISBN/ISSN
84-89599-26-2
Páxinas
343
“Os Nomes da Ría de Vigo” constitúen unha triloxía
de temática eminentemente filolóxica tratada en clave distendida e
estructurada en forma dunha viaxe pola costa da Ría de Vigo con inicio
en Cabo Silleiro e remate no Facho de Donón, na península do Morrazo. Os
protagonistas destas tres viaxes son os pequenos nomes de lugar que
decoran cada palmo de terreo deste fermoso litoral polo que os viaxeiros
imos pasando ó camiñar e o seu único obxectivo e sensibilizar ó pobo e
contribuír a que non esqueza que é o dono dunha riqueza patrimonial tan
ameazada e degradada. Trátase de que as anécdotas recollidas ó longo do
camiño e a posta en escena do diálogo popular que xurde de súpeto, anime
e convide a seguir coa lectura do libro.