OS NOMES DA RÍA DE VIGO - I - Cabo Silleiro-Berbés
Sacau Rodríguez, Gerardo
Edición
Vigo
Fecha
1998
ISBN/ISSN
84-89599-08-4
Páxinas
247
“Os Nomes da Ría de Vigo” constitúen unha triloxía de temática
eminentemente filolóxica tratada en clave distendida e estructurada en
forma dunha viaxe pola costa da Ría de Vigo con inicio en Cabo Silleiro e
remate no Facho de Donón, na península do Morrazo. Os protagonistas
destas tres viaxes son os pequenos nomes de lugar que decoran cada palmo
de terreo deste fermoso litoral polo que os viaxeiros imos pasando ó
camiñar e o seu único obxectivo e sensibilizar ó pobo e contribuír a que
non esqueza que é o dono dunha riqueza patrimonial tan ameazada e
degradada. Trátase de que as anécdotas recollidas ó longo do camiño e a
posta en escena do diálogo popular que xurde de súpeto, anime e convide a
seguir coa lectura do libro.