LA MUJER VIGUESA EN LOS PRIMEROS 60 AÑOS DEL SIGLO XX
Durán, Elena Dolores
Edición
Vigo
Fecha
2023
ISBN/ISSN
978-84-19066-09-1
Páxinas
163
O século XX é o da conquista dos dereitos por parte da muller. A educación da muller fíxose indispensable para o novo ideal feminino que se forxaba na Europa industrializada e en América. As mulleres das clases burguesas e altas, dentro do panorama de desenvolvemento económico e social que viña desde finais do século XVIII, tiñan como marco xeral o do fogar e o do coidado da familia, situación que as levou a concienciarse sobre a inxustiza que padecían. Xurdiu entón o movemento sufraxista, que xa desde finais do século XIX comezou a reclamar o voto das mulleres. A nosa cidade non vai ser allea a este movemento colectivo, como así o demostran as diversas reivindicacións e cambios que se deron aquí ao longo da segunda metade do século XIX e primeiros anos do XX, como así podemos ver neste traballo.