LA BUROCRACIA JUDICIAL DE BOUZAS, VIGO Y SANTIAGO (SIGLOS XVII Y XVIII)
González Fernández, Juan Miguel
Edición
Vigo
Fecha
2000
ISBN/ISSN
84-89599-12-2
Páxinas
316
Complemento do libro anterior publicado polo mesmo autor, pero neste
caso ampliado e enriquecido con respecto ó orixinal. Abórdanse os riscos
profesionais e sociais tanto dos cargos públicos (“xuíz ordinario”)
como dos avogados, funcionarios (escribáns, procuradores de causas
numerarios, verdugo de Santiago), os asesores letrados e, por vez
primeira, os futuros burócratas, así como os ineficaces medios de
control da época (Xuízos de Residencia e Visitas de Escribáns). Tamén se
recolle a visión que os escritores ilustrados tiñan da burocracia
xudicial do seu tempo. Segue a mesma liña que o anterior, pero agora o
marco xeográfico faise máis extenso, prestándoselle unha atención
específica á entonces vila de Vigo.