EL AÑO DEL “DESASTRE”, 1898, EN VIGO
Giráldez Lomba, Antonio
Edición
Vigo
Fecha
1998
ISBN/ISSN
84-89599-05-X
Páxinas
336
A perda dos últimos restos do imperio español en América viviuse coma un
“Desastre” que acabou por darlle nome a aquel ano malfadado. O libro
“leva” o “Desastre” á historia local á vez que sitúa a liorta entre
Estados Unidos e España respecto a Cuba no contexto dunha redistribución
colonial a escala mundial. O autor segue as páxinas da prensa para dar
testemuño do optimismo previo á guerra, das inquedanzas e o medo nas
horas da guerra nunha cidade coma Vigo que sabíase o porto español máis
preto de Nova Iorke e que se fortificou temendo que a derrota tamén
chegara a algún porto da Península, e conta os preparativos e o
recibimento que a cidade deu ós soldados repatriados. O balance do
comercio vigués con Cuba e de como a guerra afectou a este e unha guía
cronolóxica do que aconteceu aquel ano dentro e fóra de Vigo, pechan as
súas páxinas.