CRUZ ROJA, UN SIGLO EN LA HISTORIA DE VIGO
De la Peña Santos, Paz
Edición
Vigo
Fecha
2001
ISBN/ISSN
84-89599-19-X
Páxinas
182
O 30 de xuño de 1897 fórmase en Vigo a primeira Comisión da Cruz
Vermella. Esta obra recolle un século de vida desta Institución,
facéndonos testemuñas dos seus comezos; do seu protagonismo nos
dramáticos días da repatriación dos soldados vencidos nas guerras de
Ultramar; da súa presencia nos sinistros locais; vivindo con ela os
cambios políticos, a formación das súas enfermeiras, a evolución da súa
ambulancia, o nacemento do seu hospital, os avances do papel da
muller... ata chegar aos nosos días, onde atopamos unha Cruz
Vermella adaptada ás novas demandas dunha sociedade en cambio, dedicada á
atención das emerxencias e, de xeito especial, aos grupos máis
desfavorecidos. Tempos de gloria e tempos de amargura para unha Cruz
Vermella cuxa historia é, á súa vez, parte da historia desta cidade.