CATÁLOGO. BUSTOS, MONUMENTOS CONMEMORATIVOS E PLACAS DO CONCELLO DE VIGO
Bangueses Vázquez, Mercedes
Edición
Vigo
Fecha
2023
ISBN/ISSN
978-84-19066-07-7
Páxinas
344
Este traballo recolle a relación de monumentos e placas conmemorativas,
ademais dos bustos dedicados a aqueles persoeiros que, pola súa actividade,
deixaron unha fonda pegada na sociedade. Un total de vinte e seis bustos, cincuenta
monumentos conmemorativos e trinta e sete placas, compendian un conxunto o
suficientemente representativo para demostrar a labor desenvolvida por artistas,
escritores, políticos, mestres, profesionais, etc. que foi merecente dun recoñecemento
de perpetuidade. Fora deste catálogo, por razóns de espazo, queda a relación de
esculturas públicas presentes na cidade de Vigo que pon de manifesto o interese que
ao longo dos séculos XX e XXI, mantiveron as diversas institucións por favorecer
a incorporación no espazo urbano destes elementos artísticos que contribúen a que
a cidade sexa un lugar máis amigable.