"CACHAMUIÑA". COMANDANTE DE ARMAS Y GOBERNADOR DE VIGO
Estévez Rodríguez, Emilio
Edición
Vigo
Fecha
1999
ISBN/ISSN
84-89599-10-6
Páxinas
346
O autor fai un detido estudio con relación ás diversas actuacións
executadas polo Heroe da “Puerta de la Gamboa” durante os poucos meses
do ano 1809 en que gobernou a praza viguesa e demais pobos dependentes
da mesma por aquel tempo, trala súa Reconquista ás tropas invasoras
napoleónicas. Entre outros particulares, detalla as relacións e as non
pequenas diverxencias que tivo, tanto coa propia veciñanza de Vigo como
coas distintas autoridades do entorno; a equiparación da moeda francesa
coa española: a súa colaboración na batalla de Pontesampaio, antes y
despois da mesma, e xustifica as súas investigacións con profusión de
notas bibliográficas e arquivísticas, así como con reproducción de
varios documentos -moitos deles inéditos- acreditativos dos contactos,
diferencias e correspondencia que houbo cos personaxes máis
significativos daquela época.