 
                    1939: “LA GUERRA HA TERMINADO”... HACE SESENTA AÑOS, EN VIGO
Giráldez Lomba, Antonio
              Edición            
            
              Vigo
            
          
              Fecha            
            
              1999
            
          
              ISBN/ISSN            
            
              84-89599-14-9
            
          
              Páxinas            
            
              405
            
          O libro pretende facer memoria dos feitos que dividiron con paixón a 
aqueles que a necesidade ou o azar colocou en bandos diferentes na 
cidade de Vigo nos anos da guerra civil. Esta é unha historia para a que
 o autor contou con testemuñas, moitas testemuñas, e os seus testemuños 
axudan ó lector a comprender mellor o que sucedeu. Pasarán diante dos 
ollos do lector “roxos” e “nacionais”, “republicanos” e “franquistas”, 
na dobre linguaxe daquel momento do noso pasado non tan pasado, 
testemuñas sen nome que dende a beirarrúa dalgunha rúa, seguramente 
“rebautizada” para maior gloria da “España nacional”, dende a fiestra ou
 a porta da súa casa ou dende a escola, asexaban e vían o que estaba 
pasando ante os seus ollos, cegados nalgúns casos polo entusiasmo, e 
noutros, domeados polo medo.