O INSTITUTO DE ESTUDOS VIGUESES ANFITRIÓN DOS CENTROS DE ESTUDOS LOCAIS
15/10/2023
Vigo foi a cidade elixida para celebrar, en setembro de 2025, a LXXII Asemblea da Confederación Española de Centros de Estudos Locais (CECEL), onde o Instituto de Estudos Vigueses será o centro anfitrión. A confirmación da candidatura da cidade olívica adoptouse en Oviedo, cidade que acolleu a LXX Asemblea da CECEL, os pasados días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro. É unha excelente noticia pois -ademais, de que é a segunda ocasión nos 70 anos de historia da Confederación de Centros de Estudos locais que unha Asemblea súa celébrase en Galicia- o Instituto de Estudos Vigueses terá a oportunidade de recibir aos representantes dos centros de estudos locais de toda España e mostrar a historia, a arte, a arquitectura, a gastronomía e as belezas naturais de Vigo, polo que é unha oportunidade única para dar a coñecer Vigo aos expertos en temas de estudos locais de toda a xeografía nacional, ademais de mostrarlles o labor que vén realizando o Instituto de Estudos Vigueses desde a súa fundación, alá polo ano 1991. Para conseguir a maior brillantez do desenvolvemento desta importante Asemblea, o IEV confía en contar coa colaboración das distintas administracións así como das institucións públicas ou privadas que queiran adherirse.