VIGO NA LIÑA DO TEMPO. Cronoloxía, efemérides e bibliografía

VIGO NA LIÑA DO TEMPO. Cronoloxía, efemérides e bibliografía

Bragado, Manuel

Edición
Vigo
Fecha
2025
ISBN/ISSN
978-84-19066-20-6
Páxinas
271
Este libro ofrece unha primeira achega a unha cronoloxía histórica de Vigo, dende os vestixios dos seus primeiros habitantes e pasado prehistórico até a cidade contemporánea actual. Máis de milleiro e medio de acontecementos documentados na xeografía, arqueoloxía e na historia viguesas -tanto política, económica, social, con atención preferente á da cultura- veñen acompañados dunha extensa bibliografía. Cunha intención especialmente didáctica, este libro pretende axudar a mediadoras e docentes de Primaria e Secundaria como ferramenta nos traballos referidos á historia e a memoria da cidade de Vigo, malia que non renuncia a ofrecerse tamén a un público curioso máis amplo como unha achega divulgativa a unha historia local en proceso constante de reescritura. En definitiva, un libro sobre o pasado do Vigo milenario que pretende constituírse en referencia continúa do presente e ollada esperanzada no horizonte do porvir.