Gal > O Instituto > Intercambio de Publicacións

O Instituto de Estudios Vigueses ofrece un servizo de intercambio de publicacións con outras institucións, sociedades e entidades que comparten liñas de traballo e intereses culturais similares.

Os intercambios poden ser de tres tipos:

  1. Do Boletín Glaucopis con outras revistas ou boletíns de parecidas características.
  2. De monografías e libros editados polo Instituto de Estudios Vigueses por compensación de volumes.
  3. Da totalidade dos fondos editados (boletíns, monografías, libros, etc.) mediante acordo con institucións ou sociedades de similares características.

 

Para levar a cabo este intercambio é preciso establecer comunicación co Instituto de Estudios Vigueses a través de carta, fax ou correo electrónico nas direccións que se facilitan no apartado de contactos desta páxina web. Nesa comunicación debe sinalarse o tipo de publicación que interesa (Boletín Glaucopis ou calquera outro dos libros que editamos), xuntando un exemplar da revista ou libro obxecto do intercambio.