Gal > O Instituto > Fondos dispoñibles

Froito do seu traballo de recopilación e investigación, o Instituto posúe unha serie de fondos bibliográficos que pón a disposición de investigadores e interesados.

Fondos dispoñiblesOs fondos bibliográficos agrúpanse da seguinte maneira:

  • Fondo bibliográfico sobre Vigo e a súa bisbarra. A disposición de investigadores.
  • Fondo bibliográfico sobre historia local e outros contidos de cidades e localidades galegas e españolas, con publicacións procedentes do servizo de intercambio do Instituto de Estudios Vigueses con institucións similares. A disposición de investigadores.
  • Fondo documental: Colección de planos relacionados co arquitecto Juan Antonio Alonso Vargas, doado por dona Julia Alonso Taboada. A disposición de investigadores.
  • Fondo documental e bibliográfico da biblioteca persoal de Andrés Martínez-Morás y Soria doada ao Instituto de Estudios Vigueses.
  • Fondo bibliográfico da biblioteca da sociedade “La Oliva”.
  • Legado fotográfico de "Gabriel Rubio López".