Gal > Colaboracións > División Azul

O Instituto de Estudios Vigueses, no seu labor de traballo a prol da investigación e difusión dos temas que teñan que ver con Vigo e coa súa bisbarra, precisa  sempre da colaboración de todos aqueles  veciños  que queiran  achegarlle calquera tipo de información que podan contribuír  a mellorar o coñecemento que vamos tendo do noso pasado.

División AzulNestes momentos o I.E.V. está embarcado na elaboración dun ambicioso  traballo referido a relación da nosa comarca coa Segunda Guerra Mundial.

Un dos diferentes temas que pretendemos traballar nesta obra é o da participación de moitos dos veciños desta comarca á División Azul que partiron, nos primeiros anos da década dos corenta, a combater contra a Unión Soviética.

Lamentablemente son moi poucas e fragmentarias as fontes documentais que se teñen conservado, tanto en Arquivos como en Institucións oficiais, referidas ós divisionarios procedentes da provincia de Pontevedra (nin sequera das súas identidades).

É nese sentido polo que o I.E.V. solicita dos descendentes de divisionarios da nosa bisbarra toda a información e documentación posible que podan ter, na confianza de que estes datos van ser tratados coa profesionalidade, rigor e respecto con que acostuma a levar a cabo nos seus traballos o I.E.V..

Todos aqueles que queiran colaborar nesta ambiciosa empresa de investigación, ben achegándonos información ou ben poñéndonos en relación con familiares  daqueles divisionarios, poden facelo a traveso do correo electrónico deste Instituto info@ievigueses.com ou pasando polas nosas instalacións da rúa Cánovas del Castillo 2-2º de Vigo, agradecéndolles de antemán a súa deferencia e colaboración.