Gal > Colaboracións > Artigos > Detalle
Portada
O nacemento dun barrio
Título
O NACEMENTO DUN BARRIO: O CALVARIO (LAVADORES), 1900-1940
Autor
González Fernández, Juan Miguel
Data
2004
Descripción

Durante moitos séculos O Calvario non pasou de ser un lugar fronteirizo da parroquia de Sta. Cristina de Lavadores, un espazo rural cuberto de viñedos, hortas e árbores froiteiras salpicado aquí e alá por humildes casas campesiñas. A realidade actual é ben distinta e o agora populoso barrio vigués apenas recorda as súas orixes.

Go back